A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) creada no ano 1985 é unha entidade sen animo de lucro con personalidade xurÃdica propia que actúa como organismo autoxestor e autónomo agrupando ós/ás actores/ actrices e directores/as de Galicia. A AAAG ten a súa sede en Santiago de Compostela e desenvolve as súas actividades principalmente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
A Asociación está representada por unha xunta directiva elixida por votación entre os/as socios/as reunidos en Asemblea, por un perÃodo de dous anos e sen percibir remuneración algunha.
As actividades da Asociación susténtanse principalmente en base ás cotas abonadas polos socios e tamén por axudas, legados, subvencións de organismos oficiais, entidades públicas ou privadas ou persoas individuais.
Nestes momentos a Asociación conta cun total de 300 socios/as aproximadamente





