¿Que persoas poden formar parte da Asociación
- Actores/actrices, directores/as titulados en calquera Escola de Arte Dramática oficial ou centro recoñecido relacionado coa súa especialidade.
- Aqueles/as actores/actrices, directores/as que poidan demostrar mediante currÃculo a súa experiencia profesional no oficio.
¿Que debo facer para darme de alta na AAAG?
Aquelas persoas que desexen formar parte da Asociación deberán cubrir a ficha de solicitude de alta e o modelo de domiciliación bancaria (que figuran nesta páxina a dereita , na sección descargas) e envialos xunto cun currÃculo vitae, fotografÃas recentes e certificación de ter experiencia laboral como profesional (fotocopias de nóminas, contratos, certificados de empresa, TC’s, etc…) ou titulación en Arte Dramática á oficina da Asociación. A documentación aportada será valorada pola Xunta Directiva, sendo esta a que decida a integración na AAAG do solicitante.
As actividades da Asociación susténtanse principalmente en base ás cotas abonadas trimestralmente por domiciliación bancaria polos seus socios (cunha cota de inscrición única para ser dado de alta de 40,00 € unha vez que o solicitante sexa aceptado coma socio pola Xunta Directiva), e tamén por axudas, legados, subvencións de organismos oficiais, entidades públicas ou privadas ou persoas individuais…
Solicitude de alta na AAAG
Se queres solicitar a túa alta na asociación, podes cubrir o seguinte formulario.




