A revista Escaramuza pretende constituir un foro no que se traten todas as cuestións importantes para o sector teatral e audiovisual do noso paÃs, dando cabida a todas as voces que pretendan achegar a sua contribución ao debate. Cada número, maquetado polo deseñador Fausto Isorna, xira en torno a un tema de portada, polo xeral unha cuestión de actualidade e de interese do mundo do teatro ou do audiovisual, que centra a meirande parte das nosas mais de vinte páxinas. O resto da publicación complétase con artigos sobre cuestións laborais, entrevistas a personalidades destacadas do noso seitor, asi como seccións fixas de contido variado como a das MarÃas Guerreras, na que directoras, dramaturgas, actrices ou escenógrafas desta asociación abordan aspeitos referentes á problemática da muller nas artes escénicas.
Para ler os últimos números da revista nesta páxina, en formato de revista virtual, fai clic nas imaxes:















