premios maría casares – AAAG
Ir ó contido



Os Premios de Teatro María Casares, de periodicidade anual, foron creados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia para serviren de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral galega.

O nome dos premios foi decidido por considerar que o prestixio desta actriz galega, ademais de merecer unha homenaxe, podería servir de promoción para o teatro galego.

A organización destes premios corre a cargo da Asociación de Actores e Actrices, coa que colabora o Excmo. Concello da Coruña (cidade na que se realiza a gala de entrega dos premios por ser María Casares filla predilecta desta cidade).

Os premios decídense nun proceso que cobre o 1º trimestre de cada ano e entréganse nunha data cercana ao Día Mundial do Teatro.