Resolución da Xunta directiva da AAAG – AAAG
Ir ó contido



Resolución da Xunta directiva da AAAG

O 28 de decembro do 2009 (día dos Santos Inocentes), o Conselleiro de Cultura e o Director da AGADIC mantiveron unha reunión coas organizacións profesionais das Artes Escénicas, entre elas a AAAG, na que asumiron, entre outros, o compromiso de recuar na anunciada rebaixa do orzamento para o 2010. Conselleiro e Director asumiron en privado e en público incrementar en 200.000 euros o presuposto.

Este compromiso reflectiuse na convocatoria de axudas para este ano.

O 30 de abril último, coincidindo coa data de remate de presentación de proxectos, lemos con estupor no DOG unha “corrección de erros” da devandita convocatoria, que é nin mais nin menos que unha rebaixa de 190.000 euros

A mesma manobra é aplicada para rebaixar as axudas para o audiovisual convocadas pola AGADIC en 80.000 euros, nas partidas de curtas e desenvolvemento.

Consideramos que se trata dunha vulneración das normas que rexen na Administración e que converten o recurso neste caso de “corrección de erros” en ilegal.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia denuncia esta manobra absolutamente indefendible e esixe anular inmediatamente esa “corrección de erros”. Non facelo así sería unha mostra de desprezo, ou de incapacidade, para cumprir o pactado.

De non darse unha urxente resposta, que non é mais que o respecto  ó compromiso adquirido, a AAAG estudará as iniciativas a emprender para que tanto o Conselleiro, como o Director da AGADIC, deixen os seus postos.

Xunta Directiva da AAAG

8 de maio de 2010

Comparte:
  • del.icio.us
  • Digg
  • Facebook
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • LinkedIn
  • StumbleUpon
  • Bitacoras.com
  • Posterous
  • Technorati
  • Twitter
  • Tumblr

Publicado en Actualidade, Novas, Novas da AAAG.


0 respostas

Segue esta conversa, suscríbete ó fío RSS dos comentarios desta entrada.



Un pouco de HTML está permitido

ou, citar esta entrada via trackback.