|
¿Cales son as finalidades da AAAG?
- Agrupar ós actores e actrices para a defensa dos seus intereses profesionais.
- Asesoramento e xestión ós seus asociados mediante as accións xurídicas necesarias de todas aquelas cuestións de traballo cooperativo, social, fiscal, sobre a propia imaxe o calesquera outra cuestión relacionada coa profesión do/a asociado/a. Sempre que aparezan cuestións de orde laboral, ben individuais ou colectivas, a AAAG poderá actuar coordinadamente coas centrais sindicais de clase.
- Captación de traballo para os seus socios.
¿Que persoas poden formar parte da Asociación
- Actores/actrices, directores/as titulados en calquera Escola de árte Dramática oficial ou centro recoñecido relacionado coa súa especialidade.
- Aqueles/as actores/actrices, directores/as que poidan demostrar mediante currículo a súa experiencia profesional no oficio.
¿Quen forma a Xunta Directiva?
A Xunta Directiva da AAAG e está formada por un total de 9 persoas:
- 1 Presidente e vocal de Comunicación
- 1 Secretario / Tesoureiro
- 1 Vocal de Documentación
- 1 Vocal de Ensino
- 2 Vocais de Teatro
- 2 Vocais de Audiovisual
- 1 Vocal de Servizos e atención aos/ás socios/as
Son cargos elixidos por votación entre os socios da AAAG reunidos en Asemblea, por un período de 2 anos e sen percibir remuneración algunha.
|
¿Que debo facer para darme de alta na AAAG?
Aquelas persoas que desexen formar parte da Asociación deberán cubrir a ficha de solicitude de alta, o modelo de domiciliación bancaria e envialos xunto cun currículo vitae, fotografías recentes e certificación de ter experiencia laboral como profesional (fotocopias de nóminas, contratos, certificados de empresa, TC's, etc...) ou titulación en Arte Dramática á oficina da Asociación. A documentación aportada será valorada pola Xunta Directiva, sendo esta a que decida a integración na AAAG de dito membro.
As actividades da Asociación susténtanse principalmente en base ás cotas abonadas trimestralmente por domiciliación bancaria polos seus socios (cunha cota de inscrición única para ser dado de alta de 40,00 € unha vez que o solicitante estea confirmado como socio pola Xunta Directiva), e tamén por axudas, legados, subvencións de organismos oficiais, entidades públicas ou privadas ou persoas individuais...
Servizos da Asociación
- Inserción da fotografía e a ficha artística no Catálogo, editado en papel e dvd, que se renova regularmente
- Inserción da fotografía e a ficha artística no Catálogo en Internet
- Subscrición gratuíta á revista Escaramuza
- Utilización, previa solicitude dunha sala de reunións
- Bolsa de traballo por Internet
- Matrícula a prezos reducidos nos cursos que organiza a AAAG
- Servicio de biblioteca e organización de lecturas dramatizadas
- Asesoría xurídico-laboral
|