AAAG - Voltar ó inicio AAAG - Voltar ó inicio separador quen somos separador servizos da asociación separador ligazóns separador contacto separador  
Premio de teatro María Casares Catálogo de socios Novas Foros
 
Novas




 
 
 

• Nota de prensa das asociacións do sector audiovisual galego

COMUNICADO DE PRENSA DO SECTOR AUDIVISUAL GALEGO
PARALIZADO O INVESTIMENTO DA XUNTA DE GALICIA NO AUDIOVISUAL GALEGO

30 de Xullo de 2010 

Tra-la falta de resposta do Goberno da Xunta de Galicia perante os reiterados esforzos de negociación do sector e fronte  a  falta dunha política audiovisual definida, agravada pola paralización de contratación da Televisión Pública de Galicia reuníronse as asociacións de profesionais e empresarios do sector audiovisual galego (AGA, AAAG, AEGA, AGAG, AGAPI, APRADOGA, ATEGA, CREA) e por unanimidade demandan unha solución urxente para resolver esta situación dunha gravidade sen precedentes.

  A falta de resolución das axudas da Xunta de Galicia ó sector audiovisual galego para o ano 2010  -6.260.000€ (producción, desenvolvemento, curtas, etc. para as anualidades 2010, 2011, 2012 e 2013), o que supón o 7,31% do total do negocio das empresas audiovisuais galegas privadas- pon en perigo o traballo de máis de 1.200 profesionais do sector.

  Este importe de axudas permite culminar o financiamento necesario para por en marcha producións de xeito inmediato ou por o capital semente para obter outras achegas financeiras noutros territorios para producións que se realizarán en Galicia cunha revalorización ou retorno de 4 a 1.
 

  É preciso destacar a importancia para o noso país deste sector económico que anualmente factura máis de setenta e sete millóns de euros.

 
  Por outra banda, producíuse unha considerable disminución do orzamento da Televisión de Galicia para a contratación de produción propia externa (de 24 a 17 millóns de euros) e do orzamento asignado ó Plan
de Apoio e Potenciación da Produción Cinematográfica Galega previsto para o 2010 (de 5.040.000€ pasou a 4.000.000€).
 
  A esta situación –xa asumida no seu día polo sector- hai que engadir a anulación pola Televisión de Galicia -notificada o día 25 de xuño- da 2ª fase da Convocatoria de dito Plan. Esta anulación afecta considerablemente a boa marcha dos proxectos audiovisuais e ás conseguintes previsións de rodaxes para este ano 2010.

 
  A necesidade de adopción polo Goberno galego das medidas necesarias faise cada vez máis urxente xa que día a día a situación empeora. Así, nestes momentos plantéxanse os seguintes cuestións prioritarias:

 -          Publicacion urxente das Resolucións das convocatorias de axudas ó audiovisual para o ano 2010 (axudas anuais á produción, desenvolvemento, contidos interactivos, curtametraxes e desenvolvemento e promoción do talento).

-          Resolución urxente pola televisión de Galicia da 2ª Fase da convocatoria do Plan de Apoio e Potenciación da Produción Cinematográfica Galega previsto para o 2010.

-          Publicación urxente polo IGAPE da Liña de específica de Apoio ó sector audiovisual galego.

  A prol do sector audiovisual e ca fin de evitar a súa paralización, as oito asociacións  asinantes solicitan que o Goberno da Xunta de Galicia cumpra ditos compromisos adquiridos co sector audiovisual de Galicia.

As asociacións asinantes son:

AGA:    Academia Galega do Audiovisual

AAAG: Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

AEGA: Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual

AGAG: Asociación Galega de Guionistas.

AGAPI: Asociación Galega de Produtoras Independentes.

APRADOGA: Asociación de Profesionais da Rama Artística da Dobraxe.

ATEGA: Asociación de Técnicos do Audiovisual de Galicia.

CREA: Asociación de Directores e Realizadores de Galicia.




Revista Escaramuza

III Xornadas Audiovisual Galego

IV Xornadas
Cidadanía e Teatro

Premios de Teatro María Casares
Premios de teatro María Casares

Catálogo da AAAG



Aviso legal
AAAG - Asociacin de Actores e Actrices de Galicia AGADIC - Axencia Galega de Industrias Culturais