O domingo día 13, ás 16:30 h., a Asociación de Actores e Actrices de Galicia celebrou Asemblea Xeral na que os membros da mesma elixiron unha nova Xunta Directiva. Tal como se anunciara, deuse unha ampla renovación na dirección, para asumir os moitos retos que lle agardan a AAAGna defensa e promoción dos actores e actrices galegos.
A nova Xunta Directivaquedou integrada polos seguintes actores e actrices: Antonio Durán “Morris”,(Presidente), Xosé Luís López “Sacha” (Secretario), e como vocais, Camila Bossa, Casilda Alfaro, Estíbaliz Veiga,Josi Lage, Mónica García, César Cambeiro, Fernando Morán, Guillermo Carbajo, José Leis, Rubén Prieto e Vicente de Souza
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia ven desenvolvendo unha intensa e continuada actividade desde o ano 1985, no que foi creada.