AAAG - Voltar ó inicio AAAG - Voltar ó inicio separador quen somos separador servizos da asociación separador ligazóns separador contacto separador  
Premio de teatro María Casares Catálogo de socios Novas Foros
 
Novas




 
 
 

• O CONSELLEIRO DE CULTURA DA PLANTÓN AO SECTOR ESCÉNICO

Durante a rolda de prensa na galería Sargadelos o 11 de maio


Convoca ás organizacións pero él non se presenta.

 

 Santiago de Compostela, 18 de maio de 2010.- O pasado día 11, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia e Escena Galega, expuxemos en rolda de prensa, á que asistiron un importante número de profesionais, o noso rexeitamento a ilegal rebaixa dos orzamentos das Artes Escénicas en 190.000 euros. A Consellería de Cultura e a AGADIC rompían con esta decisión os acordos os que se chegara co sector a finais do 2009.

Os profesionais da escena pedimos publicamente a anulación inmediata dese recorte disfrazado cunhas absurdas “correccións de erros”, así como a dimisión dos responsables, Conselleiro de Cultura e Director de AGADIC.

Ás poucas horas, recibimos a invitación do Conselleiro para manter unha reunión, que nós non lle pedimos, fixada por el para o día 14. Asistimos a reunión, pero para a nosa sorpresa, o Conselleiro non se presentou.

Reiterámoslle ó Director de AGADIC,  quen manifestou que non estaban dispostos a dar marcha atrás na súa decisión, a nosa esixencia de que tanto el como o Conselleiro de Cultura deben presentar a súa dimisión.

Con esta actitude da Consellería de Cultura son ducias de traballadores do sector que quedarán sen traballo, ó tempo que se enterra a cultura do diálogo e o acordo entre a Administración e o sector, do que a ausencia do Conselleiro na reunión por el convocada representa unha actitude de desprezo de graves consecuencias.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2010.

 

Escena Galega

Asociación de Actores e Actrices de Galicia




Revista Escaramuza

III Xornadas Audiovisual Galego

IV Xornadas
Cidadanía e Teatro

Premios de Teatro María Casares
Premios de teatro María Casares

Catálogo da AAAG



Aviso legal
AAAG - Asociacin de Actores e Actrices de Galicia AGADIC - Axencia Galega de Industrias Culturais