AAAG - Voltar ó inicio AAAG - Voltar ó inicio separador quen somos separador servizos da asociación separador ligazóns separador contacto separador  
Premio de teatro María Casares Catálogo de socios Novas Foros
 
Novas




 
 
 

• ADHESIONS EN DEFENSA DO 5 POR 100 PARA CINE


A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego comeza unha campaña de adhesións do sector audiovisual a nivel de todo o Estado ao escrito dirixido ao Presidente do Goberno de España, para que os operadores de televisión destinen o 5% dos seus ingresos á financiación de longametraxes, tv movies e documentais en calquera lingua oficial do Estado. Contrario ao que pretende o anteproxecto de Lei Xeral da Comunicación audiovisual.

As adhesións poden facerse nesta paxina web:


http://www.blogoteca.com/5x100paracine/


A Coordinadora está en contra do intento de desvirtuar a lexislación europea relativa á obriga das televisións de apoiar ás producións cinematográficas de empresas independentes.

A coordinadora oponse a que o 5 por cento poida ser dirixido á produción de series, ou a calquera outro fin distinto do establecido na normativa da Unión Europea.

A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego está constituída pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Técnicos do Audiovisual de Galicia (ATEGA) e a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA).


STAND DA AAAG NA FEIRA

Durante a Feira das Artes Escénicas, a AAAG comezará a difusión do Convenio Colectivo de Teatro, e poñendo en pé unha campaña de afiliación con ocasión do próximo 25 aniversario da creación da nosa Asociación, que se cumpre no 2010.


SI, NÓS TAMÉN PODEMOS

Logramos desbloquear, gracias á participación masiva no acto do Consello da Cultura, a situación de parálise na que se atopaba o sector das Artes Escénicas.

A nosa xestión diante da Consellería de Cultura en relación coa próxima producción do CDG conseguiu que se cumpran os prazos previstos.

Agora temos que lograr, participando activamente coa nosa sinatura na campaña en defensa do 5 por 100 para cine, as modificacións precisas no anteproxecto de Lei do Audiovisual por parte do Ministerio de Cultura.

Está claro que nós tamén podemos.


CURSO DE INTERPRETACIÓN EN INGLÉS

Co patrocinio de Fundación  AISGE a AAAG organiza este obradoiro impartido por Kevin Stewart que se celebrará na Coruña do 10 ao 27 de Novembro.O prazo de inscripción comenza o Luns 19 de Outubro. Podes descargar  a información e o formulario de inscripción nos seguintes enlaces


Obradoiro de Interpretación en Inglés AAAG AISGE (pdf)

Formulario de Inscrición (DOC)




Revista Escaramuza

III Xornadas Audiovisual Galego

IV Xornadas
Cidadanía e Teatro

Premios de Teatro María Casares
Premios de teatro María Casares

Catálogo da AAAG



Aviso legal
AAAG - Asociacin de Actores e Actrices de Galicia AGADIC - Axencia Galega de Industrias Culturais