AAAG - Voltar ó inicio AAAG - Voltar ó inicio separador quen somos separador servizos da asociación separador ligazóns separador contacto separador  
Premio de teatro María Casares Catálogo de socios Novas Foros
 
Novas




 
 
 

• LOGRADO O DESBLOQUEO


Foto da reunión da Axencia Galega de Noticias


Reunión co Conselleiro de Cultura

 

LOGRADO O DESBLOQUEO

 

Santiago de Compostela, 24 de xuño de 2009.- Na reunión mantida o 23 de xuño co Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, os representantes das Artes Escénicas, actores, compañías, danza, títeres, salas e festivais, lograron o compromiso da Consellería de desbloquear a situación de parálise que viña sufrindo a AGADIC.

 

Ás poucas horas da rolda de prensa do pasado día 16, comezaron os primeiros pagos da débeda acumulada, que o Secretario Xeral da Consellería tamén presente na reunión, Antonio Fernández-Campa, informou que xa estaba pagada nun 90 por 100. Así mesmo,  o Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López-Barxas, deuse o prazo dunha semana para nomear as Comisións de Avaliación dos proxectos de axudas do 2009, e fixando unha data límite para a adxudicación no 31 de xullo, a petición dos representantes do sector. Igualmente xa se deu o visto bo para a posta en marcha do segundo semestre 09 da Rede de Teatros e Auditorios.

 

A pesar das reticencias mostradas inicialmente, logrouse o compromiso de que a AGADIC comece de inmediato a organización da Feira das Artes Escénicas, así como a atender as necesidades dos Festivais e Mostras que tradicionalmente se celebran nos meses de verán e outono.

 

O Conselleiro expresou que están reprantexando as funcións da AGADIC, o que segundo el retrasa o nomeamento do seu Director, que agarda sexa designado no próximo Consello da Xunta, xa que a Axencia deberá atender a unificación do sector audiovisual. Neste senso, comprometeuse a poñer en funcionamento o Consello Asesor da AGADIC, a fin de que todo o sector coñeza e participe nese de momento inconcreto reprantexamento.

 

A AAAG anticipaba ós seus asociados cando os convocaba a asistir á rolda de prensa do pasado 16 que “da túa presencia neste acto vai depender que esta gravísima situación comece a desbloquearse”.  E así foi. A masiva asistencia ó acto cos medios celebrado no Consello da Cultura foi determinante para o logro do desbloqueo da situación.

 

As organizacións e sectores convocantes da rolda de prensa e presentes nesta reunión co Conselleiro constituíron unha comisión de seguimento do cumprimento do acordado.


A nova na TVG.






Revista Escaramuza

III Xornadas Audiovisual Galego

IV Xornadas
Cidadanía e Teatro

Premios de Teatro María Casares
Premios de teatro María Casares

Catálogo da AAAG



Aviso legal
AAAG - Asociacin de Actores e Actrices de Galicia AGADIC - Axencia Galega de Industrias Culturais