AAAG - Voltar ó inicio AAAG - Voltar ó inicio separador quen somos separador servizos da asociación separador ligazóns separador contacto separador  
Premio de teatro María Casares Catálogo de socios Novas Foros

Axuda, por favor.

Neste foro tí es quen pode resolver as cuestións plantexadas por outros, ou buscar resposta ás túas preguntas.

Axuda, por favor.

Mensaxepor Xian 06 Abr 2009, 17:40

Boas. Chámome Xian. Teño varios cursos de interpretación, e estudos de teatro. E teño experiencia en obras, aínda que non remuneradas. E ese é precisamente o problema. Gustaríame ser representado por Kuranda, pero pídenme, ao menos, un traballo profesional. O mesmo en tódolos sitios. Eu enténdoo, que necesitan actores serios; pero tamén entendo a miña situación, que son un actor serio que busca traballo. O meu problema é que non atopo castings. En ningures. Non sei se é porque son moi patoso na rede ou porque, o caso é que non os atopo. ¿Sabedes dalgún casting para adolescentes? Eu teño 14 anos, aínda que cumprirei 15. Dame igual en teatro, TV ou nunha largometraxe ou cortometraxe.

Moitas grazas e moita sorte a todos e todas.
Xian
Usuario rexistrado
Usuario rexistrado
 
Msxs: 5
Rexistrado: 29 Mar 2009, 19:03

Re: Axuda, por favor.

Mensaxepor Anxo Carbajal 07 Abr 2009, 20:33

Ola Xian. Non sei se cos teus anos será posible, pero creo, e espero, que si: Intenta facer figuración para algunha serie... danranche de alta os días que curres... e xa serás profesional. Sorte.
Anxo Carbajal
AAAG
AAAG
 
Msxs: 1
Rexistrado: 08 Set 2008, 20:21

Re: Axuda, por favor.

Mensaxepor manel 07 Abr 2009, 22:44

Imos por partes. Facer figuración pode ser un xeito de coñecer o medio audiovisual, pero con elo non se adquire profesionalidade. Outra cousa é un contrato, sexa en series, cine ou teatro, no que se apliquen as tarifas e condicións dos convenios colectivos, por tanto con empresas profesionais.

Os convenios, tanto de teatro como do audiovisual, están na páxina web da Asociación. Paga a pena coñecelos, para cando che faga falta.

Se hai algún grupo afeccionado de teatro na tua zona, ofrecéte. Non será un traballo profesional, pero servirache de moito na tua aprendizaxe. Non esquezas que un actor ten que estar aprendendo ata que morre, con mais razón a túa idade. Abaixo vai un enlace onde hai enderezos de grupos afeccionados.

As Escolas de Imaxe e Son de Coruña e Vigo adoitan facer moitas curtas cada ano, e precisan moitos actores. Procura os seus enderezos e mándalle información.

E por último. Van dous enlaces a asociacións de empresas, co listado e enderezos. Prepara un curriculo cos teus datos, experiencia e formación, con por exemplo tres fotos, unha de cara en primeiro plano, outra de plano medio, e outra enteiro. E mándallo a todas esas empresas, ofrecéndote como actor. Por correo-e. ¿Resultado? Nunca se sabe, se o material chega no momento oportuno ó lugar axeitado, porque están buscando alguén do teu perfil, seguramente que te chamen para facer unha proba alomenos. Pero nada de impacientarse se non hai resposta, para o ano, novas fotos, novo curriculo, e a insistir.

¿Vale Xian?

Aqui che van as ligazóns:

http://www.fegatea.org/grupos.html

http://www.aega.tv/es/modules.php?op=modload&name=Productoras&file=listado_productoras&meid=25

http://agapi.org/v2/empresas.php

Sorte e non te desanimes nunca.
manel
Usuario rexistrado
Usuario rexistrado
 
Msxs: 28
Rexistrado: 10 Out 2008, 17:03

Re: Axuda, por favor.

Mensaxepor Xian 08 Abr 2009, 19:19

Moitísimas grazas aos dous. Se podo axudarvos en algo, aqui estou.
Xian
Usuario rexistrado
Usuario rexistrado
 
Msxs: 5
Rexistrado: 29 Mar 2009, 19:03

Re: Axuda, por favor.

Mensaxepor galega 08 Abr 2009, 21:44

hola xian
¿importariache deixar o teu correo electronico?

grazas
galega
Usuario rexistrado
Usuario rexistrado
 
Msxs: 4
Rexistrado: 26 Xan 2009, 23:09

Re: Axuda, por favor.

Mensaxepor Xian 09 Abr 2009, 19:34

Galega: O meu correo electrónico é diazxian@gmail.com

Para que o queres?
Xian
Usuario rexistrado
Usuario rexistrado
 
Msxs: 5
Rexistrado: 29 Mar 2009, 19:03


Volver a Consultas entre foristas

cron


Aviso legal

AAAG - Asociación de Actores e Actrices de Galicia
AGADIC - Axencia Galega de Industrias Culturais