AAAG - Voltar ó inicio AAAG - Voltar ó inicio separador quen somos separador servizos da asociación separador ligazóns separador contacto separador  
Premio de teatro María Casares Catálogo de socios Novas Foros
 
Novas




 
 
 

CONDICIÓNS XERAIS DE "AAAG.ES"

O presente sitio Web www.aaag.es é propiedade e está xestionado pola ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA (en diante "AAAG") os datos completos da cal son os seguintes:

ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA
CIF: G-15.089.410
C/ Campo do Cruceiro do Gaio, 7 -1º,
15705 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A Coruña)
Tlf./Fax: + 34 981 593 829
E-mail: info@aaag.es
Asociación inscrita no rexistro de asociacións da Xunta de Galicia baixo o número nº 983/A-02-14/C-000

DEREITOS E OBRIGAS DO USUARIO

A utilización de calquera dos servizos ofrecidos no Sitio Web atribúe, dende o seu comezo, a condición de Usuario e será considerada aceptación expresa, voluntaria e sen reservas destas Condicións Xerais. Para o acceso aos servizos deste servizo de información e reservas, en todo o que non teña carácter gratuíto ou impoña unha serie de obrigas, o Usuario debe ser maior de idade e dispoñer da capacidade legal e representación necesaria para realizar as correspondentes reservas. A utilización dos servizos ofrecidos no Sitio Web implica que o Usuario declara cumprir estes requisitos. O Usuario que accede ao Sitio Web debe cumprir estas Condicións Xerais e as especiais instrucións de uso que se lle mostren en cada momento. Así mesmo, comprométese a obrar sempre conforme á lei, aos bos costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia axeitada á natureza do servizo do que goza. Así, o Usuario non poderá efectuar modificación nin alteración ningunha dos contidos do Sitio Web, a excepción dos datos que o propio Usuario introducira, nin perxudicará de forma ningunha a súa integridade ou funcionamento. Os datos persoais que deban facilitar os usuarios para acceder aos mencionados servizos quedarán sometidos á lexislación xeral en materia de protección de datos. Quedarán rexistrados nas bases de datos, propiedade de AAAG, amparadas pola Lei Orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal. AAAG poderá suprimir ou suspender o acceso ao Sitio Web do Usuario que incumprira calquera das obrigas expresadas nestas Condicións Xerais. O Usuario que incumpra intencional ou culpablemente calquera das precedentes obrigas responderá de todos os danos e prexuízos que, como consecuencia, cause a AAAG ou a un terceiro.


PROTECCIÓN DE DATOS

Aos efectos da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), informamos o Usuario de que os datos de carácter persoal referentes a persoas físicas, solicitados en calquera das seccións do Sitio Web, ou calquera outros proporcionados polo Usuario ao longo da relación coa ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA (AAAG), así como aqueles que se recollan como consecuencia da relación que se estableza, serán incluídos en ficheiros de datos de carácter persoal cuxo responsable é AAAG, e a finalidade da cal é a xestión da Asociación, dos seus servizos, dos dereitos de Propiedade Intelectual dos seus membros, así como o envío de comunicacións varias co fin de mantelos informados das actividades e servizos que realiza a entidade e outras de carácter semellante que poidan ser do seu interese, así como a promoción do perfil profesional dos seus asociados con terceiros interesados e o público en xeral a través de distintos medios incluíndo Internet.

O tratamento ten igualmente como finalidade remitirlle información sobre bens e servizos que poidan ser do seu interese, ampliar e mellorar os nosos servizos adecuando as nosas ofertas ás súas preferencias ou necesidades, permitirlle unha navegación personalizada, deseñar novos produtos e servizos e o envío de cuestionarios por calquera medio, a contestación da cal é voluntaria, salvo que neles se dispoña outra cousa. Os campos marcados con "Requirido" son de carácter obrigatorio, polo que a non cumprimentación dos devanditos campos impedirá ao Usuario gozar dalgúns dos Servizos e informacións ofrecidos polo Sitio Web.

Baseándose niso, o usuario consente no mencionado tratamento así como, no seu caso, autoriza a que os seus datos, incluíndo a súa imaxe ou outro material audiovisual sobre a súa persoa, sexan tratados do modo descrito e publicados nas páxinas Web ou outras publicacións propiedade do responsable do ficheiro e, así, comunicados a terceiros a través de Internet ou outros medios, co fin de cumprir coa finalidade do ficheiro especificada no parágrafo anterior.

Así mesmo, o interesado autoriza expresamente á ASOCIACIÓN DE ACTORES E ACTRICES DE GALICIA (AAAG) a que lle envíe información comercial por correo electrónico, en cumprimento do artigo 21 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE).

Os datos persoais solicitados por AAAG gozarán da protección axeitada conforme ao establecido no Real Decreto 994/1999, do 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de Medidas de Seguridade que desenvolve o artigo 9 da LOPD.

Por medio da aceptación das presentes Condicións Xerais, o Usuario garante que os datos e informacións proporcionados a AAAG a través do Sitio Web ou por calquera outro medio son os seus propios; no caso contrario, o Usuario garante dispoñer do consentimento expreso dos titulares dos datos e informacións para a súa comunicación a AAAG, co obxecto de que poidan ser incorporados aos nosos ficheiros nas condicións e coas finalidades establecidas nas presentes Condicións Xerais. AAAG, como responsable do ficheiro, garante o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos datos achegados.

Para iso o usuario, poderá poñerse en contacto mediante os distintos medios de comunicación indicados na sección CONTACTO.


RESPONSABILIDADE DE AAAG

AAAG resérvase o dereito de realizar modificacións no Sitio Web, así como nestas Condicións Xerais.

Por outro lado, e dada a especial natureza do medio escollido para comunicarse cos Usuarios, AAAG non poden asumir responsabilidade:

a) Pola imposibilidade temporal de acceso ao Sitio Web nun momento determinado, ou á información concreta de entre os incluídos en AAAG ou naqueles sitios Web aos que o Usuario acceda mediante enlaces de hipertexto situados no Sitio Web.

b) Pola exactitude ou actualidade dos contidos, informacións e ofertas de produtos e servizos subministrados.

No Sitio Web existen informacións simplificadas, ou ben redactadas co ánimo de facer máis doada a súa comprensión polo Usuario medio, polo que AAAG non se fai responsable polas interpretacións erróneas a que poida dar orixe a información aquí presentada, salvo actuación neglixente por parte de AAAG no exercicio das súas funcións, tal e como se describen nas presentes Condicións Xerais.

AAAG non responderá en ningún caso polos danos orixinados como consecuencia de feitos fortuítos ou imprevisibles, nin por aqueles que sexan consecuencia do comportamento neglixente do Usuario.


PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Todos os contidos, marcas, deseños, logos, iconas, botóns, software, nomes comerciais, nomes de dominio, e calquera outros signos ou elementos susceptibles de protección por dereitos de propiedade intelectual e industrial que formen parte do Sitio Web son propiedade de AAAG ou de dominio público ou de terceiros que autorizaron debidamente a súa inclusión no Sitio Web e que figuran como autores ou titulares dos dereitos.

En ningún caso se entenderá que se concede licenza ningunha ou se efectúa renuncia, transmisión, cesión total ou parcial dos devanditos dereitos, nin se confire ningún dereito, e en especial, de explotación, reprodución, distribución, transformación ou comunicación pública sobre os devanditos contidos sen a previa autorización expresa e por escrito de AAAG (no que respecta ao deseño do sitio ou ao uso da marca "AAAG") ou dos terceiros correspondentes.

As violacións de calquera dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial aos que se refire este apartado serán perseguidas mediante as accións penais e civís consideradas na lexislación vixente.


XURISDICIÓN

Todo litixio ou controversia que xurda entre AAAG e un Usuario sobre a interpretación ou a aplicación destas Condicións Xerais ou, en xeral,relacionado de xeito directo ou indirecta coa utilización dos servizos ofrecidos no Sitio Web será resolto polos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela e A Coruña.

Como requisito previo ao comezo do litixio, AAAG e o Usuario obríganse a negociar de boa fe para resolver o litixio ou controversia durante o prazo dun (1) mes contado dende a data en que unha das partes notifique por escrito á outra a súa pretensión potencialmente litixiosa.


COMUNICACIÓNS

Para calquera comunicación que sexa precisa entre AAAG e o Usuario, este deberá dirixirse ao domicilio indicado de AAAG, mediante calquera dos distintos medios de comunicación (correo certificado ou e-mail) que se indican na sección CONTACTO da Web.

As comunicacións de AAAG ao Usuario realizaranse mediante os datos achegados por este ao rexistrarse no Sitio Web ou mediante os datos proporcionados na primeira comunicación enviada polo Usuario.


Revista Escaramuza

III Xornadas Audiovisual Galego

IV Xornadas
Cidadanía e Teatro

Premios de Teatro María Casares
Premios de teatro María Casares

Catálogo da AAAG



Aviso legal
AAAG - Asociacin de Actores e Actrices de Galicia AGADIC - Axencia Galega de Industrias Culturais