Os Premios de Teatro María Casares, de periodicidade anual, foron creados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia no ano 1997 co fin de servir de estímulo e recoñecemento ao labor desenvolvido pola profesión teatral galega, enchendo o oco baleiro ata o momento existente neste eido.
Optan aos Premios María Casares de Teatro todas as producións teatrais realizadas en lingua galega que foran estreadas en Galicia entre o 01 de xaneiro e o 31 de decembro do ano anterior á súa concesion, así como todos os profesionais que participaron nas citadas montaxes, durante ese período de tempo.
A convocatoria dos Premios María Casares de Teatro realízase todos os anos facendo coincidir o seu fallo e entrega en datas próximas coa celebración do día Mundial do Teatro, o 27 de marzo e se celebra na Coruña no Teatro Rosalía Castro, contando ca inextimable colaboración de Excmo Concello da Coruña, cidade de que a actriz María Casares é filla predilecta
O censo de votantes está integrado polo censo de asociad@s da AAAG, programadores teatrais, críticos e nominados de todas as edicións anteriores, en total mais 450 profesionais das artes escénicas.
Os galardóns constan de trece categorías ou apartados representativos do traballo realizado, tanto diante como detrás do telón, ademais do Premio de Honra “Marisa Soto” que recoñece a traxectoria profesional outorgado pola a Xunta Directiva da AAAG.
As categorías premiadas son: Maquillaxe,Vestiario, Iluminación, Música Orixinal, Adaptación/Tradución, Texto orixinal, Escenografía, Actor secundario, Actriz secundaria, Actor protagonista, Actriz protagonista, Dirección e Espectáculo









